Axenda

Adiante Catalunya! Galiza pola Independencia
quinta feira 10 Setembro 2015
Vistas : 247

"Adiante Catalunya! Galiza pola independencia". Baixo este lema a Assemblea Nacional Catalana (ANC), o Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Súmate organizan un acto de balde e aberto ao público o vindeiro 10 de setembre na barcelonesa plaça de Sóller de Nou Barris.

O espazo completarase con postos sobre cultura galega e haberá a posibilidade de degustar o polbo "á feira" do restaurante Arume do Raval -quen co seu polbo gañou o premio á mellor tapa de Catalunya no 2014- e bebidas tradicionais galegas. A tarde estará amenizada con rock bravú a partires das 17h con DJ Nacho - O jarbanzo negro e, ao serán, entre as intervencións, haberá a música comprometida de Jei Noguerol, Mini e Mero e Sés. Ademais, o artista plástico galego afincado en Barcelona, Anxo Baranga e Jaume Muelas, realizarán en vivo o mural "En construción". O acontecemento pecharase co himno galego e Els segadors, interpretados con gaita coa voz galega de Loaira. O acto será presentado por Suso Mon, presidente de Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya (ERGAC).

> Programa:

> De 17h a 19h: paradas e música en galego con DJ Nacho - O jarbanzo negro.
> De 19h. a 20h .: intervencións.
> De 20h a 21h: actuacións de Jei Noguerol e Mini e Mero.
> De 21h. a 22h: intervencións.
> De 22h a 23h: actuación de SES,

Lugar: Plaça de Soller - Barcelona (Catalunya)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.