Axenda

Colleitas e Recolleitas.
quinta feira 01 outubro 2015
Vistas : 398

VENRES 1 DE OUTUBRO
PRESENTACIÓN DO FESTIVAL
18h00 - Flashmob coa Orquestra Vigo 430 @ Praza da Quintana.
18h30 - Rolda de prensa + Colleitas e Recolleitas: Viño e Música con Davide Salvado e Bodegas Martín Códax @ Barra Atlántica (R/ Conga, 8

Con "COLLEITAS E RECOLLEITAS" presentaremos oficialmente o festival o xoves 1 de Outubro no Barratlantica (R/ Conga, 8 - Compostela). As colleitas da man de Bodegas Martín Códax e as recolleitas da de Davide Salvado.

De formación autodidacta, Davide Salvado leva media vida percorrendo as aldeas na procura de ritmos, coplas e danzas. Comezou a súa carreira profesional no 2004 co grupo Ecléctica Ensemble. Desde aquela, colaborou con numerosos artistas, pero non gravou o seu primeiro disco en solitario, Árnica Pura (producido por Eliseo Parra), até 2011. A este seguiríao Rústica, un proxecto moi especial xunto a Cristina Pato, Anxo e Roberto Comesaña.
Tras ser escollido para a sección oficial de 14)WOMEX, Davide Salvado converteuse nun dos artistas galegos con máis proxección internacional. Agora presenta o seu novo traballo, Lobos, un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores das que Davide aprendeu.

Lugar: Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.