Axenda

III Festa da Afirmación e Dignidade
domingo 20 Setembro 2015
Vistas : 306

O acto que está organizado pola Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolos, dará comezo no Pedregal de Irimia ás 12:00 h., onde haberá unha lectura colectiva, por parte particulares dos distintos colectivos e grupos que alí acodan, do “Manifesto pola Afirmación e a Dignidade”, da autoría de Mero, igual que nas pasadas edicións. Alí, Raúl Galego, Xosé Manuel Sánchez e outras agrupacións que se presten a facelo, interpretarán varias pezas.

Lidos os manifestos haberá un xantar en Meira e pola tarde será a entrega das “Mans de Irimia”, figura do escultor Manolo Pardo, a AC Avelino Díaz e a Anxo Lamas, pintor chairego de longa traxectoria tamén poética, que ten exposto o seu traballo na Casa da Cultura do Concello de Meira, onde Tino Baz será o encargado de poñer a nota músical, así como outros grupos de música, gaita e voces corais da zona.

Lugar: Pedregal de Irimia - Meira
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.