Axenda

Mamá Cabra
domingo 27 Setembro 2015
Vistas : 285

O Auditorio Municipal de Ourense acolle o domingo, día 27 de setembro, o espectáculo: Mamá Cabra - 15 Primaveras, unha función de 60 minutos de duración para todos os públicos na que Mamá Cabra fai un percorrido pola historia do grupo e das súas mellores cancións. Trátase dun espectáculo diferente en formato de concerto-teatro no que se amosa unha nova Mamá Cabra disposta a seguir enchendo de ilusión e ritmo aos cativos.


Haberá unha única función ás 12.00 horas. A entrada custa 3€ e xa se pode mercar en: www.ataquilla.com ou na taquilla do Auditorio dende dúas horas antes do comezo do espectáculo.


Organiza a Concellería de Cultura con motivo da programación infantil do Auditorio de Ourense.


Lugar: Auditorio Municipal - Ourense
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.