Axenda

Tatán Chapeu
quinta feira 08 outubro 2015
Vistas : 68

TATÁN CHAPEU

8/Oct/2015 - 9:00pm

TATÁN CHAPEU

Eduardo R. Cunha "TATÁN". TATÁN CHAPEU e invitados: Carlos Blanco, Uxía,e máis… dous pases: 21 horas. e 23:30 horas

“Tatán Chapéu” Eduardo R. Cunha "TATÁN".
Alberto Cunha "TATÁN" é historia viva do Teatro Galego, membro de Tanxarina, a compañía galega que posúe o indiscutibel record de representacións con "Titiricircus", presenta o seu primeiro disco. CHAPÉU. TATAN sobrancéa como crooner no disco CORASONS, na compaña de amigos como UXIA, ANTONIO ZAMBUJO, COUPPLE COFEE, MAGIN BLANCO ou NAJLA SHAMY por citar algúns nomes participantes nese traballo colectivo. A voz, o estilo persoal de Tatán, o seu facer actoral interpretando as cancións fan que todos o animen a facer un disco propio.

Coa producción de PABLO VIDAL e co propio Pablo, Noly Torres e Alberto Vilas gravan CHAPEU, un traballo que ve a luz neste outono de 2015. Uxía colabora en varios temas.

Carlos Blanco colabora tamén neste disco, cantando e compoñendo un samba en clave de hunor titulado MÚTUA DE DECESSOS, unha conversa de tanatorio en plan Toquinho e Vinícius de Morais.

CHAPEU chega a Lugo, ao Clavicembalo, en pleno SAN FROILAN para montar a festa e gravar un videoclip no emblemático Clube Lugués.

TATAN, UXIA, CARLOS BLANCO, ALBERTO VILAS, NOLY TORRES, PABLO VIDAL e demáis convidad@s sorpresa prometen dous pases no CLAVI cheos de emoción e melodías. Para non perdelo. BLANCA FRANCÉS e AS MOSAS (Chus Domínguez, Ana Senlle e Uxía) nos coros na gravación e nos directos.

Lugar: Club Clavicémbalo - Lugo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.