Axenda

A Bela Auria 2015
sábado 26 Setembro 2015
Vistas : 247

A Bela Auria xa está aquí de novo. Un ano enteiro agardando, cheirando a naftalina cada vez que abriamos o armario, e por fin! chegou o gran día: o sábado 26.

Sexta vez que nos imos atopar, coas nosas bicis, cos nosos manteliños na herba do botánico no Posío. Sexta ocasión que teremos para botarlle un fox-trot e unha muiñeira. De novo atoparnos co graxo ameazando as nosas carteiras e a nosa seriedade.

Voltan os obradoiros, os concertos, o mercadiño, a bicicletada. Volta a modernidade á Auria. Señora, non fique na casa whatsappeando que a ourensanidade chama por vostede!

***PROGRAMA***

10h30 (Praza Maior) - Saida do Bicipaseo // Tweed Ride

12h00 (Posio) – INAUGURACIÓN DA FESTA

Chegada da Tweed Ride 
Cabezudos da Esmorga
Mercado creativo
Contacontos de Anxo Moure
Xogos Populares
Exhibición de esgrima antiga
Encontro de debuxantes (SketchCrawl)
Exposicións: Hª dos nenos, Vaites co Progreso, Bicicletas Antigas.

13h00 (Posio) - Sesión vermú: Comando Foucellas 

13h45 – 16h00 (Posio) - Xantar Popular: Empanada, Lacón, pan e viño. (6€)

15h00 (Posio) - Xuntanza fotográfica O Potiños

16h45 (Posio)

Graxos da Burga (contacontos e obradoiro)
Xogos Populares
Obradoiro de chapeus e móbiles de outono
Obradoiro Medieval sobre o Castelo Ramiro 

18h30 (Posio) - Foliada popular itinerante con Rebulir

22h00 (Pza. San Marcial) - Cinema mudo musicado en directo : “7 ocasións”, de Buster Keaton

23h10 (Pza. San Marcial) - Concerto Blues do Pais

Lugar: Xardíns do Posío - Ourense
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.