Axenda

Sons Miúdos
sábado 17 outubro 2015
Vistas : 430

Presentámosvos o maior espectáculo da música infantil Galega "SONS MIÚDOS"...

SONS MIÚDOS é un espectáculo promovido pola Cadena SER e producido por URDIME, nel evidenciamos a gran riqueza do panorama musical galego infantil a través dun espectáculo que consegue reunir enriba dun mesmo escenario aos máis importantes músicos e cantantes destes grupos galegos. Conducido pola actriz Montse Piñón e o actor Pepablo Patiño de Teatro Ghazafelhos, irase fiando unha narración de xeito teatral que percorrerá a historia da música galega infantil coa voz dos seus protagonistas: Gloria Mosquera Mamá Cabra, Magín Blanco A nena e o grilo, Uxía María Fumaça, Pablo Díaz Tic Tac de Pablo Díaz, Paco Nogueiras Brinca VaiXoán Curiel - Magnético Zen e o Cuarteto Sons Miúdos con (Brais da Hortas, Javier Constenla, Pablo Díaz e Carliños Freire)

Xa podedes mercar as vosas entradas en: 
http://entradas.abanca.com/es/Detalle/Sons-Miudo

Lugar: Auditorio de Galicia - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.