Axenda

Caxade + Davide Salvado
quinta feira 19 novembro 2015
Vistas : 438


A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol confiou no director orelludo para argallar algo no fermoso Teatro Jofre de Ferrol.
Ciclo "Na raíz" con este luxo de artistas:
venres 19 de novembro - Davide Salvado "Lobos" + CAXADE
Os prezos das entradas, dispoñibeis en http://www.ferrol.es/axendacultural , son de 10, 8 e 5 € dependendo da localización.

xoves 19 de novembro 20:30 h.
Davide Salvado (Galiza) + Caxade (Galiza)

A voz e a interpretación deste marinés namorado do rural son tan evidentes que o xurado internacional do WOMEX, a feira de World Music máis importante do mundo, o elixiu para participar na edición de 2014. Até entón só Mercedes Peón gañara esa honra para Galiza. Tras Ecléctica Ensemble, Budiño, a Banda das Crechas, Rústica e o debut de seu “Árnica pura” (2011), producido por Eliseo Parra, chega un álbum que confirma as expectativas. “Lobos” (2015) é amor actual pola tradición, pola terra, pola lingua e polas xentes, en especial por esas mulleres fortes, pandereteiras e bailadoras, nas que Davide recoñece a súa formación e aprendizaxe. Ese enraizamento tan puro, salvaxe e fermoso na súa contorna fai que a súa arte non só nos chegue a nós, senón que sexa quen de emocionar ouvidos doutras terras.

O proxecto persoal do acordeonista Alonso Caxade supuxo unha sorpresa no panorama galego. Primeiro, coas súas cancións difundidas en videoclips pola Internet e deseguido co álbum de debut “A dança dos moscas”. Acompañado coa formación completa de bombardino (Manu Espinho), trompeta e carrillón (Manu Paino) e batería (Xosé Tunhas), esta longa xira chega por fin a Ferrol, xusto antes de entraren a rexistrar o segundo álbum. Se o coñecimos en proxectos vencellados ao tradicional dun xeito peculiar e desprexuizado coma Pel de Noz, Orquestra Os Modernos e un Cuarteto Caramuxo que abandonou para se centrar nesta proposta onde o público da escea alternativa e o da folque-tradicional teñen un lugar de encontro; un folque de melodías novas que reivindican o coñecemento da tradición e canta letras de denuncia.

Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Ábrete de Orellas
Produce: Luneda Producións

Lugar: Teatro Jofre - Ferrol
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.