Axenda

Moon Cresta
sábado 17 outubro 2015
Vistas : 328

Unha vez máis invitámosvos á presentación do lanzamento do noso máis recente videosingle. Para ilo traémosvos un evento sen precedentes na nosa cidade: a colaboración entre os campións do mundo IDO World Show Dance Alemaña 2013 e varias veces campións de España, a Escola de Danza MEDIA PUNTA e a banda MOON CRESTA.

Non será unha presentación ao uso para público e prensa. Acudindo a esta premier, presenciarás antes que nadie o videoclip, pero sobre todo asistirás a unha performance exclusiva que envolverá ao evento nun auténtico espectáculo do nivel propio destes profesionais da danza.


Foi un traballo de meses e temos que agradecer especialmente aos máis de 50 bailaríns de MEDIA PUNTA que participan no novo videosingle de Moon Cresta polo seu bo facer e o seu talento, convirtindo isto en algo único e innovador na nosa contorna profesional. Queremos expresar especial gratitude a Tania & Raquel, profesoras de MediaPunta e coreógrafas/guionistas do vídeo, así como a An Táboas, directora do mesmo.

Invitámosvos a tod@s a que presenciedes algo único o Sàbado 17 de outubro na Sala Charenton!!

Horarios:

17:00 h. - Apertura de portas 
17:15 h. - Pase Espectáculo completo + Videoclip
18:10 h. - Segundo pase *(Só Videoclip)

Entrada gratuita

Xa que o aforo será LIMITADO a entrada ao recinto en ambos pases farase por ordede chegada. Trala presentación o vídeo estará disponible en redes e demais medios.

Esperámosvos!

Lugar: Charenton Club Cultura - Lavadores (Vigo)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.