Axenda

Noite de Rock Benéfico "Todos con Jairo"
sábado 24 outubro 2015
Vistas : 317

O próximo 24 de outubro o Rock in Río Tea organiza un concerto solidario, no pub JJ Copas de Ponteareas, co obxectivo de recaudar fondos destinados á enfermidade de Jairo.
Jairo foi intervido dunha hemorraxia cerebral con 4 anos que o deixou sen poder camiñar nin falar. Hoxe ten 13 anos e continúa igual. Pero existe un tratamento en Santiago de Compostela capaz de facer que as súas condicións melloren, pero é moi caro.
Supón un coste mensual de 2.911,09 € máis desplazamentos.
Por iso, agradeceremos a vosa colaboración o día 24.
E por iso, agradecemos a todos os músicos (Joao Tomba, Querido Extraño e O Caimán do Río Tea) que o día 24 van a tocar por Jairo, a Pablo González Blanco de Aceroplus Impresión Digital Ponteareas por deseñar e imprimir a cartelería por Jairo, a Miguel Ángel Rocksoulthings, por botar unha man na organización, a Antonio Cafre de Discos La Futura pola súa disponibilidade dende o primeiro minuto e a Diego Beer, que aos platos nos vai facer pasar un bo rato xunto aos “pinchas” anteriormente mencionados, Miguel e Antonio.
TODOS CON JAIRO O DIA 24 NO JJ A PARTIR DAS 22.30H

Lugar: JJ Copas - Ponteareas
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.