Axenda

Diola + Bala
sexta feira 23 outubro 2015
Vistas : 352

Ei, amigos, imos facer unha metafestiña moi pronto e andamos a presentala por aí.

Comezan algunhas das últimas fichaxes do colectivo, as omnipotentesBALA e os repescados diola.

As dúas BALA, que están a presentar o seu disco de debut - Human Flesh (Matapadre, 2015), que veremos se non o esgotan antes de chegar a Ourense, que alá onde van petan, que arrasan con tudo, que te aplastan co riff e te mecen coa melodía...van facelo tamén en Ourense. Van petar. Vanche petar. Vante romper. E vas gozar do proceso.

Lévanlles os daikiris os pontevedreses diola, o trío Ketama do estribillo facil e a verba tola, os cuñaos simpáticos do rock cañí.

Ademais poderás ver alí todas as novas sobre o noso terceiro Festival Metamovida, o único evento anual que se produce cada dous anos, e do cal sortearemos xa un par de entradiñas.

Cinco pavitos e ganas de festa é todo o que tés que traer. Como o ves?

Lugar: El Pueblo Café Cultural - Ourense
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.