Axenda

Mónica de Nut
quinta feira 12 novembro 2015
Vistas : 456

Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.

Con esta sinopse, AMARANTE Setem e a Campaña Roupa Limpa quere presentarvos o seu documental “Fíos Fora. Historias de obreiras, entre costuras e patróns”, elaborado por Illa Bufarda.

A ENTRADA É GRATUITA.

Aquí vos deixamos a programación completa:

19:45: Concerto de apertura por Mónica de Nut
20:00: Proxección do documental Fíos Fóra
21:30: Coloquio aberto coas traballadoras protagonistas, Amarante e Illa Bufarda.
22:00: Peche do acto coa actuación final de Mónica de Nut

Nestes enlaces podedes consultar toda a información: 
http://fiosfora.gal/
https://www.facebook.com/FiosFora

Agardámosvos a todos na Coruña!

Lugar: Centro Ágora - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.