Axenda

Magosto no Gaiás
sexta feira 30 outubro 2015
Vistas : 343

30 Out
20:00
Museo Centro Gaiás


Magosto no Gaiás volve este outono para facernos un convite que non podemos rexeitar: un día de música para o baile. A partir das 21:00 horas, o Museo Centro Gaiás contará coas actuacións dos pandereteiros de O Fiadeiro e Os Cempés, que achegarán o público a un repertorio de músicas tradicionais para un obxectivo único: bailar. E nesta labor acompañarannos as asociacións de baile A Monteira de Vigo, Seráns de Santiago de Compostela e Danzalia Mundi da Coruña. A festa virá precedida dun magosto tradicional, que arrancará ao redor das 20:00, con degustación de castañas da IXP Castaña de Galicia.

Mais o Magosto deste ano non se limitará á noite. Será un programa arredor da danza galega e das danzas de roda europeas con música en vivo, que contará a partir das 17 horas con tres obradoiros de iniciación ao baile totalmente de balde: un serán con Sandra Vázquez, bailes en parella con Suso Cancelas e bailes de roda con Pili Conde. Os dous son de balde previa inscrición.

O deste Magosto no Gaiás será un programa centrado no divertimento, exercicio e a interacción social dun xeito lúdico, distendido e informal a través do baile. Mais tamén unha oportunidade para a aprendizaxe de novos xéneros e bailes e conectar así o público galego ao movemento internacional do Bal Folk que en Europa vive un momento de grande intensidade nos últimos anos e que en Galicia aínda é incipiente, sendo un país históricamente moi rico en baile tanto rural como urbano.

Lugar: Museo Centro Gaiás - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.