Axenda

Sés
quinta feira 19 novembro 2015
Vistas : 323

O vindeiro Xoves 19 de Novembro Ses en Vigo!!!

Concerto ás 18:30h no Teatro da Cidade Universitaria (CUVI)

Entrada de balde ate completar aforo

isto a nós anímanos! emoticona wink.

SÉS

Lugar: Teatro Cidade Universitaria

Data : 19/11/2015

Hora: 18.30

María Xosé Silvar, Sés (A Coruña), achega á Universidade de Vigo o seu último traballo, Tronzar os valos (2015), un disco no que se suman as enerxías do rock e da canción de autor de América latina.

Despois do éxito de Admirando a condición (2011) e Co xenio destrozado (2013), o terceiro disco de Sés, confirma -segundo a crítica- unha forma de cantar singular, a flexibilidade dunha voz que se adapta a múltiples rexistros: suave como poucas nas baladas e desgarradora cando se impón a súa vea blues e rock. Tronzar os valos presenta doce cancións para disentir contra o estado de cousas dun sistema que amarra e inmobiliza.

No directo, a música desta célebre cantautora galega é emoción e sentimento, intelixencia e pensamento, beleza e revolución. A vibrante conexión, a enerxía compartida, estoupa nos seus concertos; as cancións tórnanse colectivas como en poucas ocasións e a súa voz é seguida por un coro colectivo que responde á súa maneira de entender a música.

Lugar: Teatro da Cidade Universitaria - As Lagoas-Marcosende, Zamáns (Vigo)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.