Axenda

Ton Risco Trío
sexta feira 20 novembro 2015
Vistas : 304

Ton Risco Trío “Ginger Lemon and Honey”
Venres 20 / 21:30 / 3€

Ton Risco: vibráfono
Alex Salgueiro: hammond
Naíma Acuña: batería

Aínda que estes tres músicos son vellos coñecidos de outras formacións , non foi ata finais de 2013 cando nasceu este trío. E ten a súa razón de ser na intención de xuntar dous timbres singulares coma son o do vibráfono e o órgano nunha formación pequena e autónoma, emulando o tándem Joey DeFrancesco & Bobby Hutcherson.
O son resultante ten o toque tradicional dun trío mais cunha tonalidade cool, ca que xa teñen conquistado ó público en festivais coma Imaxinasons ou Ciclo 1906 Jazz.
O repertorio do trío, recollido no seu primeiro CD “Ginger Lemon and Honey” (FreeCode, 2015), móvese entre os temas orixinais e os standards, onde xogan cas sonoridades máis íntimas, misturadas con groove e up tempos.

Lugar: Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.