Axenda

Neuroband
sexta feira 27 novembro 2015
Vistas : 324

Ola, neuróticos do mundo!

Mensaxe de Manuel Seixas nunha verde botella:
Neuroband calling!!
Outra milagre laica!

A nova Neuroband presenta o seu último disco: "Verde", en rigoroso directo salvaxe e tenro o venres 27 de Novembro, ás 21.00 horas, no auditorio da illa de Arousa. Entrada de balde. Xa sabedes que buscamos iso que non ten prezo, que non se paga con cartos: comunicarnos con vós.

A estas alturas, somos moi difíciles de atopar enriba dun escenario, polo que pretendemos que cada actuación desta especie de xira que comezamos na Illa sexa especialmente única. Para compartilo e facelo real, agardamos por ti.
Vémonos e suamos por fóra e por dentro.
Ah, moitas grazas pola vosa cariñosa acollida neste mundo virtual.

Lugar: Auditorio Municipal - Illa de Arousa
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.