Axenda

Radio Cos
domingo 13 decembro 2015
Vistas : 313

Actuación participante na Rede Galega de Música ao Vivo de Agadic

Radio Cos, uns pandeireteiros de sona que fixeron evolucionar a nosa música naturalmente.

Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por todo o país desde hai máis de tres décadas.
Vai xa para nove anos que Radio Cos leva percorrendo escenarios en Bélxica, Inglaterra, Escocia, Bretaña e Galiza, transmitindo o seu modo de entender a nosa música tradicional.

Agora preséntannos o seu primeiro disco, música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elementos tirados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación co país.

A banda confórmana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violino e Xan Pampín no acordeón.

Este traballo, concebido con forza e alegría, quere mostrar a invisibilidade que sufren as culturas minorizadas a pesar de estar aí, de arrodearnos, de ser verdades manifestamente palpábeis.

Entrada: 6€ anticipada / 8€ billeteira

Lugar: Aturuxo Bar - Bueu
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.