Axenda

Primos Hermanos
sábado 20 febreiro 2016
Vistas : 109

A próxima edición do festival #PrimosHermanos celebrarase o 20 de febreiro de 2016 en Santiago de Compostela e, dúas semanas despois, o 5 de marzo, na cidade de Oviedo. O evento, organizado pola asociación sen ánimo de lucro Desconcierto Cultural, contará con polo menos 10 actuacións musicais repartidas entre ambas poboacións. Durante o próximo mes farase público o cartel para esta cita.

Para o evento de Santiago de Compostela, centrado en artistas asturianos, a organización conta coa participación de catro coñecidos locais. Primos Hermanos iniciarase cunha primeira actuación, en horario de sesión vermú, no bar Embora Bar. A continuación, celebrarase a comida de confraternidade, con algúns dos pratos máis recoñecidos da gastronomía asturiana, no restaurante Resas. Tras o solpor, a Casa das Crechas acollerá dous concertos. Finalmente, o festival desprazarase aoCachan Clube para concluír a cita compostelá con dúas actuacións máis.

A primeira cita deste evento, organizado pola asociación sen ánimo de lucro Desconcierto Cultural, terá lugar en Santiago de Compostela o próximo 20 de febreiro. Neste día, tódolos artistas invitados serán de orixe asturiano (Rodrigo Cuevas,Fee Reega, Thee Operators, Autotan e Bobkat’65), e contará coa colaboración dos locais Embora, A Casa das Crechas e o Cachán Clube.

Lugar: Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.