Bos días a todos!!! Como todalas semanas vamos facer reconto do tremendo cartel que temos no Lembranzas do Xarabar esta semana !
Comezamos Mercores 27 co concerto de RIOBÓ as 22:30h
Xoves 28 teremos FOLIADA como o xoves pasado! Vinde vai estar fetén!
Venres 29 , comezaremos a tarde coa charanga Lembranzas do Xarabar.
EQUIPO B , actuarán a partires das 20h
e finalizaremos a noite con CIOBRA, a partires das 23:30h , con meigallos e queimada! Vinde probala!!!!
Sabado 30 non vai ser menos, comezaremos as 22h con XISTRA DE CORUXO e seguiremos a noite con ABÓBRIGA a partires das 23:30h !!!!
Domingo 31 teremos un momento de relax e de imaxinación coa Jam Session de percusion afrocubana da man de compañeiros dos grupos do furancho a partires das 19h!
O luns abriremos a semana con O CARBALLO DAS CEN POLAS a partires das 21h e pecharemos a noite con ARDENTÍA a partires das 22:30h
Martes teremos OS FILLOS DA PILE tocando e amenizando a noite a partires das 21h
MERCORES O GRAN DIA ! Abriremos dende a maña cedo para difrutar do patrono San Brais!!! VINDE NUMEROSOS !!!!
[HORARIOS]
Mercores/Xoves/Luns /Martes de 20h a 1am
Venres de 18h a 4am
Sabados de 12h a 4am
Domingos de 12 a 00h
MERCORES SAN BRAIS 10h ó que a noite nos depáre!!!!
VEÑA FESTA!!!!!!!!!!!