Axenda

Grande Baile Assalto
sexta feira 12 febreiro 2016
Vistas : 89

Baile Assalto de febreiro ten unha mención especial para as danzas e ritmos atlánticos, unha sorte de Ceilidh, Fez Noch e Foliada coa música ao vivo da Carricobanda, banda instrumental compostelá especializada en ritmos escoceses, bretóns e galegos. Jigss, reels, barn dances, hunter-dro, gavotte, rond, muiñeira, xota, mazurka, valse…

Para guiar o baile contaremos coa presenza do inestimábel Suso Cancelas.

O Bailes Assalto son lugares de encontro para danzar coa mellor música ao vivo os bailes europeos e americanos de moda cada segundo venres de mes (con excepcións!) na Gentalha do Pichel (Santiago DC). A entrada é de 4 € (5 € para quen non sexa alunado da ELMPG ou soci@ da Gentalha).

Carricoband xúntase ao redor da rúa da Carricova en Compostela, barrio de San Pedro, cuns músicos de Touro, Ribeira, Teo e Escocia. Son unha banda cun toque irlandés e escocés e uns condimentos de música gallega, rumana y nórdica.

Suso Cancelas é un dos especialistas máis veterano ao redor das danzas do mundo en Galicia, activista no grupo de baile A Monteira e conductor de  varios bailes regulares no país. Ten experiencia coma docente en cursos especializados das máis diversas danzas europeas.

Lugar: Gentalha do Pichel - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.