O vindeiro venres 12 de febreiro Xardín Desordenado, en formato dúo, presentará o seu último disco, "Aprendendo a ladrar", en Mishima Café do Libro. Santiago Ferragud e Marlene Rodrigues aproveitarán ademáis para firmar exemplares deste novo CD, no que a banda galega musica a 17 poetisas galegas (Rosalía, Carme Kruckemberg, Olga Nova, Chus Pato, ou María Lado, entre outras). O concerto serve para celebrar o primeiro ano de vida da nosa libraría. Achegádevos a escoitar a versión máis íntima e emotiva deste xenial proxecto.