Axenda

Donicelas Folk
domingo 21 febreiro 2016
Vistas : 96
O grupo Donicelas de Salceda de Caselas, logo de máis de vinte anos de andaina na música tradicional, vai presentar en breve ao público o seu segundo traballo discográfico, titulado 'Donicelas'.

Xorde este grupo en 1992, nun obradoiro de música tradicional, dentro das actividades escolares do colexio Altamira.
En 1996 participan na gravación de 'Obrigado', do grupo Treixadura, e en 1999 teñen unha segunda experiencia discográfica ao colaborar en dous temas recollidos no disco 'Feitizo', de Na Lúa.
No 2005 Donicelas presenta o seu primeiro traballo discográfico, 'Que nunca foi abalada'.

Na gravación que agora presentan, realizada en Estudios Ancestral (Ponte Caldelas), o grupo Donicelas conta coa colaboración de artistas invitados como Uxía Senlle, Paulo Nogueira, Isaac Millán, Miriam Lorenzo e antigos compoñentes que estiveron no grupo (Xose L. Sanromán, Xulio Lorenzo, Isa Troncoso, Tere Pérez e Olaia Alonso).

O seu repertorio baséase en pezas populares da música tradicional. Neste último traballo contan tamén con pezas de autores como Paulo Nogueira, compositor da muiñeira que dá título ao disco, 'Donicelas'; Xesús Díaz (compoñente do grupo), compositor da Rumba dos Anaquiños; e por último Xulio Lorenzo, autor da muiñeira de Mos incluída no arranxo de Costureiriña.

Compoñentes de Donicelas Folk Tradicional:

- Andrea Rodríguez: voz, pandeireta, cunchas e triángulo.
- Bea Pérez: voz, pandeiro, cunchas e tamboril.
- Noelia Martínez: voz, pandeireta, cunchas, triángulo, claves e bombo.
- Rosa González: voz, pandeiro, cunchas, tamboril e bombo.
- Víctor González: voz e acordeón.
- Xesús Díaz: voz, cunchas, whistle e gaita.

Facebook: Donicelas Folk Tradicional
Web: http://donicelas.com/
Lugar: Aturuxo Bar - Bueu
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.