Axenda

Wonderlust Kings + The Pretty Shirts
sábado 20 febreiro 2016
Vistas : 105

O sábado 20 veñen dúas bandas de Rock&Roll a presentar os seus novos Lp´s homónimos polo inferno de asfalto coiano: The Pretty Shirts e Wonderlust Kings.


The Pretty Shirts son de A Guarda é o seu LP foi lanzado en setembro do ano pasado. Teñen un directo moi enérxico no que alternan temas directos de puro rock&roll con outros máis sosegados é con moita esencia.


https://theprettyshirts.bandcamp.com/


Os Wonderlust Kings son de Vigo e fai un mes víu a luz o seu primeiro album de estudio no que poñen de manifesto o seu gusto pola convivencia de diferentes estilos coma o blues rock, a psicodelia, o grunge, o funk e o indie entre outros.


https://wonderlustkingsofficial.bandcamp.com/


A aportación para as bandas será de 4 tupés e o rock&roll comezará as 21:30h.

Let´s Rock!!

Lugar: Distrito 09 - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.