Axenda

Guateque Bodrio
sábado 27 febreiro 2016
Vistas : 160

ola parvas e parvos de valadares e vigo e mos, e arredores...

se estás a ler estas liñas podes estar eufórica de ter a BRUTAL oportunidade de ser partícipe desta festa que Sugulimo organiza para as persoas do mundo sideral.

efectivamente falamos do Guateque Bodrio, primeira edición, que terá lugar no centro cultural ALGA LAB, en valadares (a dirección anda por ahí escrita) por un modesto precio de 4 pesetas

neste guateque poderedes disfrutar dunha ristra de bandas locais emerxentes, e da actuación do xa máis que coñecido cantautor/ poeta de matamá/planeta terra, o Leo, tamén venderemos cousas chulas, e haberá pra cear e pra beber e poñerse ultra penecos e bailar música punk ata o día seguinte.

tocan:
- o Arremecághona, se non o coñeces será que es un gamusino de merda... escoita e aprende
https://arremecaghona.bandcamp.com/album/arremecaghona-ostia

-Jaguars, banda de recente formación, os integrantes son pipiolos moi salvaxes, coma o seu directo.
https://www.facebook.com/Jaguars-903038096421928/?fref=ts

-Viridiana, aparte de ser unha gran película son unha pedazo de banda, unha especie de stoner brutal psicodélico guapísimo pra reventar cabezas... notelopierdas
https://www.facebook.com/OakHum/?fref=ts

-Lamprea Explosiva, dúo garaxe punk- lo fi saido dun pozo de lodo noxento dunha nave de Citroën, dan bastante asco pero pódese bailar con eles 
https://www.facebook.com/lampreaexplosiva/?fref=ts

-Zurraspa: zurraspa son a banda sorpresa.

se queres asistir e non tes coche fala con nós e arreglamos

esperamos por vos, mandrois...

Lugar: Alg-a Lab - Valadares (Vigo)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.