Axenda

Atlantic Valley + The Nightmares
sábado 27 febreiro 2016
Vistas : 102

Sea Monster" é o novo disco dos Atlantic Valley. Recén xurdidos das profundidades soltarán a criatura que traen con eles. O seu modus operandi é aturdir as súas presas a base de stoner con toques de grunge e metal noventeiro. Unha vez vos prenda non poderedes escapar das súas fauces. Tinguirán de vermello o mar de Coia.

http://atlanticvalley.bandcamp.com/

The Nightmares son catro krakens temidos por tripulacións de tódolos océanos xa que non deixan barco con mástil. A súa principal característica é a súa facilidade para romper o xeo. Deixarán as augas ben revoltas para a aparición do monstruo dos Atlantic Valley.

https://www.facebook.com/TheNightmaresVigo

A aportación para as bandas será de 3 leviatáns. A oleaxe comezará as 21h.

Lugar: Distrito 9 - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.