Axenda

Camarada Nimoy-CANCELADO
sábado 20 febreiro 2016
Vistas : 71

Boas!! lamentamos dicirvos que por motivos técnicos vémonos na obriga de cancelar os concertos de hoxe e mañá no espazo da nosa asociación.
Afortunadamente, os nosos amigos de La Iguana Club van acoller as nosas propostas de hoxe e mañá. Hoxe ás 00:00 na Iguana Club estarán Timpahn + Pálida e mañá a mesma hora Camarada Nimoy. Desculpade o contratempo; boa finde e agardamos que gocedes con estes dous eventos nesta nova ubicación, apertazas amigxs!!

Boas!
Hoxe temos unha sorpresa coa que no contabamos cando fixemos a programación deste mes! Os vulcano-vigueses Camarada Nimoy van facer funcionar o seu artefacto sonoro-visual no espazo da nosa asociación este sábado!
Traerán tamén os seus vinilos e cds baixo o brazo, xa sabedes!
Trala súa visita de presentación oficial do seu último LP de 17 temas ("Alucinacións acústicas", autoeditado en vinilo laranxa) onde encheron a sala e nos hipnotizaron coas súas proxecións submarinas en 3D (aínda conservamos as gafas) regresan con máis forza e ganas de sorprender coa súa proposta espe(a)cial instrumental difícil de clasificar pero rápidamente recoñecible.
Altamente!!!

Camarada Nimoy gosta de presentarse cunha negación, dicindo o que non son, deixando á vez a vista as súas influenzas e os seus gustos. Din que non son unha banda de surf, de kraut, de psicodelia, de jazz, de rock, de space age pop, de exótica... pero moito gozan de todos estes xéneros.
A súa é unha proposta instrumental de son recoñecible e coa que intentan ter amplitude de miras dentro das súas posibilidades. Un cóctel sonoro que serven dun xeito sinxelo sen moitas pretensións acompañado sempre de proxecións nos seus directos que convirten os seus sons en bandas sonoras das súas elucubracións visuais, fundindo todo en imaxes, en paisaxes sonoras.

Teñen editado xa un LP en vinilo vermello homónimo autoproducido (setembro 2013) totalmente esgotado e agora levan ao directo os temas do segundo chamado "Alucinacións acústicas" (xullo 2015) que pódese escoitar no seu bandcamp (camaradanimoy.bandcamp.com) e reservalo.
Este segundo LP discurre por camiños máis psicodélicos que o anterior. Pretende romper un pouco os seus propios esquemas montados no primeiro e mostra unha nova visión do artefacto con cambios na formación. Agora son un trío:
Xoaquín Seoane á batería, Pablo Muñiz ás proxeccións, secuencias, teclados e baixo eléctrico, e Paulo Pascual ás proxecións, secuencias, theremin e guitarra eléctrica.

https://www.facebook.com/camarada.nimoy

Lugar: La Iguana Club - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.