Axenda

Terbutalina + Archie and The Bunkers
segunda feira 16 maio 2016
Vistas : 387

Entrada anticipada 6€ (Tipo e Discos Elepe)
Entrada taquilla 8€

AL OTOMANO SE LE VA LA MANO! O novo disco da Terbutalina chega con ansias de festa e carallada a Vigo! A banda de garage-punk chega áLa Fábrica de Chocolate Club co seu novo traballo, gravado nos EstudiosA Ponte e masterizado por Jim Diamond (The White Stripes, The Sonics) en Detroit para pechar a súa xira por salas nesta primavera. O disco conta con 11 cancións para bailotear a muerte e conta con edición en vinilo da man selos FOLC Records e Grabaciones de Impacto. O luns 16 de maio toca ultrafestón en Vigo! E lembrade que O MARTES É FESTIVO, beibes!

http://www.terbutalina.net/
http://terbutalina.bandcamp.com/

Nesta festa terán uns convidados de luxo: Archie And The Bunkers. Directamente desde Cleveland (Ohio), este peculiar dúo de irmáns mesturan o garage máis puro co punk no que foi calificado como "HI-FI Organ Punk". Entre as súas influenzas encontrarás desde iconas do punk como os Dead Boys, The Stooges ou The Screamers, ata grande organistas do mundo do jazz como Jimmy Smith e Richard "Groove" Holmes. Chegan para presentar o seu primeiro LP "Lady in RKA", editado por Dirty Water Records.

http://www.archieandthebunkers.com/

Lugar: La Fábrica de Chocolate Club - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.