Axenda

Malandrómeda + Urro
sábado 14 maio 2016
Vistas : 128

⚠ Xa están as entradas ancicipadas en: ⚠
➡ A Reixa Tenda
➡ El Muelle
http://www.workonsunday.es/

MALANDRÓMEDA voltaron por todo o alto, sacaron dous discos xuntos, presentáronos en Santiago cunha ruta por 14 bares... e deixaron a todo o mundo con ganas de máis.

A expectación non fixo máis que comezar, e aló por onde pasan deixan claro que hai motivos.

Hevi e O Master do Son seguen difundindo a palabra de 'Cada can que lamba o seu carallo' e 'Os corenta e oito nomes do inimigo' (Matapadre, 2016), esta vez na sala Malatesta de Santiago de Compostela.

Escoita aquí 'Os corenta e oito nomes do inimigo':
https://matapadre.bandcamp.com/album/os-corenta-e-oito-nomes-do-inimigo

Escoita aquí 'Cada can que lamba o seu carallo'
https://matapadre.bandcamp.com/album/cada-can-que-lamba-o-seu-carallo

URRO é o berro dun animal. Urro son tres pero ás veces convidan a amig@s, entón son máis. Levan resistíndose a deixalo dende o 2007. 
Moitas veces son un saxo, unha batería e unha guitarra (coma nesta ocasión) mais non só, outras veces son outras cousas. 
Acreditan na improvisación libre, mais tamén noutros métodos. Ás veces teñen amig@s que fan pelis e traballan con eles. Non acreditan na propiedade (nin na intelectual nin na outra). Acreditan na autoxestión.

Lugar: Sala Malatesta - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.