Axenda

X Festival Millo Verde
From quinta feira 09 xuño 2016
To sábado 11 xuño 2016
Vistas : 252

X FESTIVAL ALTERNATIVO MILLO VERDE
Xa van 10 anos e que mellor maneira que celebralo cunha oferta musical e de actividades sen precedentes. Durante o fin de semana do 9, 10 e 11 de Xuño celebraremos no lugar idílico de Chan das Pipas unha fin de semana de encontro cultural onde, dende os máis cativos ós máis maiores, poderán disfrutar do festival na súa máxima expresión.

3 noites de concertos con grupos galegos, nacionais e internacionais ademáis de concertos de día con grupos da vila e alrededores, actividades deportivas como o fútbol 3x3, o basket 3x3 ou o eskalabirras, e actividades creativas como a jam graffiti e artistas de rúa, amenizados de fondo con ritmos marcados por diferentes DJ´s. Tamén se contará cun mercadillo de postos de artesanía onde poderedes encontrar cousas moi interesantes, así como achegaros ós postos de comida que se facilitarán no propio recinto.
Todo este menú servirase nun paraxe 100% natural no que poderedes desconectar do resto do mundo...

En definitiva...festa e máis festa accesible a tod@s xa que o festival é TOTALMENTE GRATUITO! Asi que consumide nos postos do festival para que isto siga sendo posible.

Aupa Millo Verde! 


Aqui deixamos o cartel de todas as actividades e o enlace para que consultedes todo na web:

http://www.milloverde.org/?page_id=1543

Os que queiran apuntarse a algunha das actividades como basket, futbol, graffitis ou montar un posto, entrade no seguinte enlace e enviade as vosas propostas: http://www.milloverde.org/?page_id=1253.

Xa comeza a cheirar a millo ou que? Aupa!!!
Difundide xente!!!

Lugar: Chan das Pipas - Saxamonde (Redondela)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.