Axenda

Nao + Poetarras + Monoulious DOP
sexta feira 13 maio 2016
Vistas : 124

NAOPoetarrasMonoulious DOP
Sala Capitol - 13 de maio . 20h
10€ (+gastos) adiantada / 13€ billeteira
Venda de entradas: A Reixa Tenda / Miranda Cultura /www.codetickets.com

NAO anunciou no 2015 que se ían desfacer, pero non pola porta de atrás, nin ás agochadas. NAO é unha banda especial, os motivos que aduciron para a disolución tampouco foron os comúns nestes casos. Pararán de tocar porque o seu nivel de autoesixencia e compromiso non lles permite continuar con este ritmo. E NAO non sabe baixar o ritmo. Pero, mentres este fin anunciado vai chegando, a súa intención é a de seguir rompendo os seus propios teitos.

Ese momentazo no que en NAO decidimos tirar a casa pola fiestra e pensamos: "Que mellor tarde pode haber antes dun concerto de NAO, Monoulious e Poetarras que bebende de balde birrra e licorka?" Así que xa sabedes. Ide mercando a entrada que no Inferno coa túa entrada de NAO bebes de balde antes do concerto.
P.D: Querémosvos, querédesnos (Todo o mundo o sabe).


Lugar: Sala Capitol - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.