Axenda

X Festival Afamo
sábado 07 maio 2016
Vistas : 114

Este ano, as polifacéticas Isabel Risco e Marián Bañobre serán as encargadas de conducir o evento no que os grupos participantes teñen como nexo a música tradicional do país cun elemento distintivo.

Así, OBAL (grupo do forma parte o moañés Ivan Costa) explora outras tradicións musicais centroeuropeas co uso de instrumentos de son tan particular como o bouzouki, a zanfona e o nyckelharpa cos que establecen unha conevrsa entre eles e o baile.

Pardal na Rúa, coa voz de Pilar Gonçalves, deixase influenciar pola música dos países lusófonos na interpretación de temas tradicionais e composicións propias.

TANXEDORAS mantén a esencia dos temas tradicionais
recollidos de informantes e cancioneiros cunha marca de seu.

Tamén estará presente o mago David Mendez Lopez co seu máxico espectáculo.

Reserva xa as túas entradas no teléfono 986 31 37 61 ou no Centro de AFAMO na c/María Martín, 3 - baixo. En Moaña.

Lugar: Auditorio Municipal - Cangas
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.