Axenda

Alberto Vilas Cuarteto
sábado 14 maio 2016
Vistas : 96

Sábado 14 de maio
Centro Cultural Pazos de Borbén
21:00hrs
Ateneo Pazos 

Un evento histórico terá lugar este sábado 14 de maio en Pazos de Borbén!! Será a primeira vez na historioa que se realice un concerto de jazz nesta localidade! Os responsables de tan marabillosa idea son a "XUNTANZA ATENIENSE" de Pazos .

Para tan singular ocasión contarán ca presencia do ALBERTO VILAS QUARTET que presentarán ao vivo o seu recén estreado traballo discográfico que leva por título "UBUNTU" , que está a ter unha excepcional acollida tanto por parte do público como da crítica especializada.
Formado no ano 2009, este grupo leva editado tres discos : " ESPERIANZA" (2011) , " CRÓNICA CROMÁTICA" (2014) e "UBUNTU" (2016).
Ten participado nos máis importantes festivais de jazz da Galiza ( Festival de Jazz e Blues de Pontevedra. Imaxinasons, Via Stellae, Festival de Jazz de Lugo, Nigranjazz) e realizado xiras por parte do territorio español ( Madrid, Segovia, Cáceres, Badaxoz...)
A principal caracterísitica desta formación é que está centrado nas composicións do pianista Alberto Vilas. Todas as composicións da banda son orixinais e o grupo posúe un son moi particular, persoal e recoñecible entre os seus seguidores.
Recentemente foron nomeados finalistas aos Premios Martín Códax da Música.

Os integrantes desta formación son :

Rosolino Marinello- saxo
Juansy Santomé- contrabaixo
Javier Barral -batería
Alberto Vilas- piano e composición.

Lugar: Centro Cultural - Pazos de Borbén
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.