Axenda

Son Brasilego Dúo
sexta feira 06 maio 2016
Vistas : 123

Os músicos brasilegos Sérgio Tannus (Voz, guitarras e cordas en xeral) e Gutier Alvarez (zanfona, violin) presentarán no proximo día 06 de maio un potente concerto en dúo, onde as brasileguidade estará máis que presente. Tocarán algúns temas do Cd Son Brasilego, coma tamén cancions novas que estarán no proximo proxecto de Sérgio Tannus
Pero ademais destas cancións cantadas e de autor, o dúo brasilego tamén presentará algúns clasicos instrumentais da musica galega e da brasileira xa 100% fusionados e mesturados entre si, con instrumentos brasileiros usados no folque galego e instrumentos do folque galego acompañando ás cancións brasileiras.
A súa sonoridade singular e orixinal fai deste dúo unha sorpresa constante.

Lugar: La Clave - Monterroso