Axenda

IGMIG
sábado 07 maio 2016
Vistas : 98
IGMIG, a flor e nata da risa, xénesis da boa coña, resposta ós enigmas da vida: como meten ás anchoas nas aceitunas? cantas árbores se usan para facer un palillo? Keith Jarrett é branco ou negro? o sábado no mítico O Con do Moucho na illa de Arousa ás 23:55 por 4 dracmas, haberá bogavante de entrante
IGMIG é un grupo ecléctico que mestura moitos tipos de música: rock, punk, progresivo, electro, tecno....
Forman parte do colectivo METAMOVIDA e están a piques de sacar o seu segundo disco.
Formado por Mig Seoane (voz e guitarra), Nacho Muñoz (voz e teclados) e Suso Feixón (batería). Este trio vigués é dificil de encasillar: grandes dosis de postpunk, funk, rock progresivo, electro, techno...tamén introducen elementos da musica clásica do sXX como o serialismo e a improvisación. As letras recordan o dadaismo e utilizan a prosodia da voz como elemento compositivo. A posta en escea é tremendamente eufórica e teatral. Enormes doses de enerxía e muito humor. E TEMOS A GRANDÍSIMA SORTE DE QUE OS TEMOS NO Condomoucho o sábado 7 de MAIO!! Preparádevos q a festa non vai a ser pouca!!!! Botadelle un ollo

 

Lugar: Con do Moucho - Illa de Arousa
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.