Axenda

Foliandaina das Letras
terza feira 17 maio 2016
Vistas : 185

O 17 de maio é festivo, e é festivo por algo! Queremos que o Día das Letras Galegas sexa, sobre todo, un día de celebración. Por iso, dende a A. C. Afonso Eanes programamos unha actividade que combina saúde, natureza, literatura, gastronomía, música e, como non, festa.

O evento consta de dúas partes: por unha banda, unha andaina literaria (percorrido total de 11 km) e, pola outra, un xantar foliadeiro. Por certo, participar nunha non significa ter que participar na outra, aínda que seguro que asistir ás dúas cousas presta máis ;)

Velaquí a programación:

>Saída ás 9:30h da praza do Concello da Baña
>Subida ó pico de Santa Mariña (O Barro) – Recital de poemas de Manuel María
>Baixada á Baña – Sesión vermú con música tradicional, xantar e sobremesa foliadeira (bar Cadeas).

Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a tódolos públicos (as persoas menores deberán ir acompañadas dunha adulta).

Para xantar deberase reservar* a través do e-mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou do teléfono 636391425 (Rubén) antes do 14 de maio (incluído). O menú custa 12€ e consta de entrante, callos, sobremesa, bebida e café. Aplicarase un desconto de 3€ ás/ós socias/os

*As persoas que non queden a xantar nin sequera precisan anotarse, chega con aparecer o vindeiro martes, 17 de maio, ás 9:30 na praza do Concello da Baña.

Lugar: A Baña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.