Axenda

Xardín Desordenado
cuarta feira 11 maio 2016
Vistas : 95

Xardín Desordenado "Manuel María entre amigos" o vindeiro mércores día 11 de Maio, ás 19 horas, na Biblioteca Pùblica Central de Vigo (Juan Campañel)

Con motivo da designación de Manuel María como autor do día dás Letras, Xardín Desordenado confeccionou un programa de cancións compostas con textos do poeta, seleccionando mostras das variadas “intencións” do autor. A súa orixe rural e o amor pola casa paterna. A súa paixón, activa pola defensa da lingua. O seu “preventiva” relación coa tecnoloxía ou coas autoridades. A súa sutil concepción do amor. A súa peculiar relación co Outono.
Xardín Desordenado completa o programa con poemas de poetas amigos de Manuel María, que aportan unha mirada diferente sobre ás mesmas realidades: Pepe Cáccamo, Darío Xohán Cabana, Carmen Kruckemberg, Miguel Anxo Fernán Vello…
En “Manuel María entre amigos” Xardín Desordenado foi fiel ás súas formulacións habituais. Composicións en Swing, Blues, Bossa Nova, Bolero… interpretados coa cálida sonoridad de guitarras con cordas de Nylon e percusións minimalistas. As voces achéganas Marlene Rodrigues, unha cantante que provén do fado, e Santiago Ferragud que provén do Ritm and blues.


Lugar: Biblioteca Pública Central - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.