Axenda

III Tangaraño Cultural
sábado 14 maio 2016
Vistas : 141

O 14 de maio celebraremos a terceira edición do Tangaraño Cultural, en Sobradelo Xunqueira de Ambía. Inaguraremos ás 12:00 da mañá , polo que os mercados deben de estar montados antes.
12:30 Empezaremos xa con música e poesía
Ás 13:30 dará comezo xantar de Popular: Callos, callos con tomate, bolos preñados, empanadas,xamón asado e pratos veganos. ( Os presos para non convidados oscilan entre 2 e 2,50 euros, tamén se agradece confirmación de xantar para calcular comida)
Ás 15:00 Comezaran as actividades, iremos especificando horas, adiantamos xa o Obradoiro de enredos, Xogos Populares , conta contos, música infantil, poesía, fotografía e moitos concertos.
Á media noite faremos un pequeno folión cun breve percorrido polo pobo con candeas e instrumentos, para chegar aos últimos concertos con moitos folgos.Remataremos co concerto de Rabia Croma e unha Jam Session.
A cea será como a dos anos anteriores.
Quedan ao dispor o albergue,tendas de campa e algunha casa no pobo , para tódalas persoas que queiran quedar a durmir ( prégase se vaia avisando para ubicar )

Lugar: Sobradelo (Xunqueira de Ambía)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.