Axenda

Thee Boas + 10.000 Russos
sexta feira 13 maio 2016
Vistas : 100

MUITO FISHH!
O VENRES 13 DE MAIO, ÁS 22:00H, TRAEMOS AOS 10.000 RUSSOS E AOS THEE BOAS, PSICODELIA OU BARBARIE!

os portugueses 10 000 Russos veñen ao Embora para ofrecernos unha ración da súa psicodelia experimental. Tras acompañar a Magic Castles este verán e actuar xunto a bandas como A Place To Bury Strangers ou Wooden Shjips, están agora de volta en España. Un so EP bastoulles para chamar a atención de Fuzz Club Records (Dead Skeletons, The Underground Youth, Lola Colt, The Myrrors ou Acid Baby Jesus, entre outros) e firmar con eles o seu primeiro LP, publicado este ano. Foi grabado nun centro comercial abandonado, creando paisaxes sonoras escuras, decadentes e distorsionadas, con destellos procedentes do subconscente.
https://fuzzclub.bandcamp.com/album/10000-russos

Thee Boas, afincados en Compostela. Unha referencia musical formada por un trío potentísimo onde o garage punk empápase de tintes noise rock e psicodelia. Ademais temos a sorte de gozar do seu novo traballo WORD 1, monocromos de notas, distorsions e deelays, unha auténtica xoia gravada polo mesmísimo Roberto Mallo.
https://theeboas.bandcamp.com/

Lugar: Bar Embora - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.