Domingo 15 de maio
Fundación Eduardo Pondal.
12.30. Ofrenda floral. Himno de Galicia coa coral A Oliveira de Monte Branco.
12.40. Entrega dos Premios Bos e Xenerosos 2016: os galardoados son Isabel Blanco, Carlos Núñez, Fina Casalderrey e Xosé Luís Rabuñal.
13.00. Actuación de Guadi Galego, premiada como Boa e Xenerosa no 2015.
Casa dos Veciños
17.00. «O Carro», coas corais de Cecebre, Corme e O Couto.
19.00. Concerto de Mini e Mero.
Luns 16 de maio
10.00. Ciencias, letras e artes para o alumnado do CEIP Eduardo Pondal. Con David Ballesteros, Tamara Lema, M. Xosé Pousa, Ricardo Pérez e Odaiko Percusión.
Fundación Eduardo Pondal
18.00. Clase maxistral con Davide Salvado e a súa voz.
20.00. Inauguración de exposicións da muxiá Viki Rivadulla (pintura e escultura) e recital poético «Escoito cisnes» coordinado por Óscar de Souto.
Taberna Agra de Mares
22.00. Foliada-degustación gastronómica: O Son do Castro, Farrapos e A Oliveira.
Martes 17 de maio
Fundación Eduardo Pondal.
11.00. Terceiro Premio de Poesía Infantil Eduardo Pondal. Convidados: Concha Blanco, Diana Varela, Xelucho Abella e María Canosa.
Taberna Agra de Mares. 13.00. Sesión vermú co cantautor Tino Baz.
Casa dos Veciños
17.00. Primeiro Certame de Teatro Infantil Xosé Neira Vilas, coas aulas municipais de Malpica, Ponteceso, Cabana e Laxe. No recreo, caricatura con Xosé Vizoso.
20.00. «Como quen dis...». Monólogo de Quico Cadaval. Donativo: 3 euros
Mércores 18 de maio
De 11.30 a 16.30: «Val Nativo», Roteiro Pondaliano. Paso pola Casa de Pondal, Observatorio de Aves, Monte Branco e Balarés. Convidado: CPI de Bembibre.
Fundación Eduardo Pondal
De 17.00 a 20.00: «Café da Memoria». Obradoiro de memoria colectiva, baixo o título de «Os traballos das mulleres». Coordina Olalla Villaronga.
21.00. Petiscos musicais na Fundación Eduardo Pondal. A música correrá a cargo de Bieito Romero, líder de Luar na Lubre e, os petiscos, de Silvia Facal e Rafa Varela (A Mundiña). A entrada é gratuita, mais o aforo é limitado.
Xoves 19 de maio
Fundación Eduardo Pondal
12.00. Homenaxe a Manuel María, primeiro escritor vivo homenaxeado no Couto (1993). Con Miguel Mato, recital poético da mocidade do IES de Ponteceso.
Casa dos Veciños. 17.00: «Os vellos non deben de namorarse», con Fantoches Baj. 18.00: Gaiteiros do CCG. Chocolate «Mariño» e roscón de Brantuas.
Fundación Eduardo Pondal
21.00. Nova sesión de Petiscos Musicais. Con Talabarte e os irmáns Mato Bermúdez (Artabria). A entrada é gratuita, mais o aforo é limitado.
Venres 20 de maio
Fundación Eduardo Pondal
Entre as 10.30 e as 12.30 horas. Festival dos Soños, tamén no recordo do Manuel María, a quen se lle dedican este ano as Letras. Con Escolares de Malpica, Ponteceso, Cabana e Laxe. A continuación, espectáculo musical «Todo me fala de ti», de Uxía Senlle e Magín Blanco.
17.00. «Caramoniña»: Aldeas Creativas. Obradoiro de maios con Oli Xiráldez.
Casa dos Veciños
23.00. Historias contadas con Carlos Blanco. Donativo: 3 euros.
Sábado 21 de maio
De 10.00 a 14.00, os maios percorren a Aldea do Couto con Oli Xiráldez.
Fundación Eduardo Pondal
10.30. Encontro de Aldeas Singulares. 12.30: «Buscando Ardebullo».
17.00. Cova Céltica. Encontro de Rexubeir@s. Obradoiro con Oli Xiráldez.
Aldea do Couto. A partir das 20.00 horas: Pasarrúas de vésperas pola Aldea do Couto coas bandas Inllar e Treboada. A música chega a todos.
Casa dos Veciños
23.00. Concerto de María Xosé Silvar, «Sés». Donativo: 3 euros.
Domingo 22 de maio
Pola mañá: Feira de artesanía no entorno da Fundación Eduardo Pondal; Mostra do Libro Galego; Os Fondaos do Pífano e Cé Pantasma, o Home Orquestra. Animación para todo aquel que se achegue ata O Couto.
Sesión vermú: Caxade (folk pop con Alonso Caxade).
Festisabores e animación con Vanessa Rivas, zanqueira.
Tarde: Música tradicional con Inllar, Malante e Adro.
E ademais: Na sede da Fundación Pondal estarán abertas para as visitas as exposicións «Ser outra cousa» e «Matria», da artista muxiá Viki Rivadulla.