Axenda

O Idioma é a Vida
terza feira 17 maio 2016
Vistas : 170

O idioma é a vida”, versos tirados do poema “A Fala”, de Manuel María, é o lema que irá na cabeza da manifestaciónpola lingua que a Plataforma Queremos Galego convoca para o martes 17 de maio en Santiago de Compostela. “El non está mais si estivo en todas as ocasións na súa vida nas que puido, xa non nas manifestacións do galegos, senón en toda a súa actividade, mesmo na literaria”, lembra Marcos Maceira, voceiro da plataforma e presidente daMesa pola Normalización Lingüística. A mobilización, que recupera o formato dunha gran manifestación á que se chama a participar á cidadanía de toda Galicia, partirá da Alameda da capital galega ás 12 do mediodía e rematará na Praza da Quintana onde haberá un fin de festa coas actuacións de Mini e Mero e tamén de Fran Amil e A Tribo Incomprensíbel, que interpretarán os temas do álbum “A voz do vento”, inspirados polos versos do poeta ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas.

Lugar: Praza da Quintana - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.