Axenda

Foliada das Letras
sábado 21 maio 2016
Vistas : 194

Chegou maio, tempo das flores, tempo de alerxias, tempo de sol e de chuva, tempo de labrar... pero tamén de cantar, tocar e beillar!!!
E como non podía ser doutro xeito, dende a A.C. Retrouso de Cela rendímoslle homenaxe ás nosas Letras, a todas esas que enchen cada unhas das coplas que temos na nosa tradición oral.
É tempo da nosa foliada, a Foliada das Letras en Cela!!!!

Vinde tocar, cantar, beillar e pasar un bo rato con nós!!
Xa sabedes!! O vindeiro sábado 21 de maio estaremos no local socio-cultural do Torrecino de Cela (Bueu) a partir das 20:30h coa foliada infantil e xa a partir das 22h aberta a todas as idades. Agardamos por todos vós!!!

E, por suposto, estaremos a cuberto por se a chuva segue aínda con nós.

A continuación tendes un enlace ao google.maps para ver como chegar:
https://maps.google.es/maps?daddr=Carretera+desconocida&hl=es&ll=42.32849%2C-8.753357&spn=0.011295%2C0.022724&sll=42.327379%2C-8.752413&sspn=0.011295%2C0.022724&geocode=FVvhhQId0G96_w&oq=cela&t=h&mra=ls&z=16

Lugar: Torrecino - Cela (Bueu)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.