Axenda

Transilvanians + Balkumbia
sexta feira 03 xuño 2016
Vistas : 152

Xa está aquí a sexta edición de Noites de luz, unha festa de puro BAILE !!Transilvanians dende vigo percorren cos seus ritmos xamaicanos, funk marciano, refrescante rocksteady, groovy soul e horror reggae entre outros case toda a xeografía estatal e outros países europeos como Bélxica, Francia, Alemaña, Holanda ou Portugal, cun dos directos incendiarios de máis alto octanaxe que podes atopar actualmente no estado. E Balkumbia dende Barcelona, con musicos procedentes de paises como Lituania, Italia ou Chile. Tal como o seu nome indica, as suas influencias proveñen principalmente de melodías balcanicas e ritmos latinos. Coa sua " fusión bailable de ritmos inmigrantes " Balkumbia plantexa un espectáculo que leva ao público a unha viaxe imaxinaria por diversas festas do mundo.

Será unha festa para lembrar, dous grupazos de alta calidade e que non podes ver moi a miudo nas noites coruñesas, que nestes tempos carecen da vital LUZ DA MUSICA !!

Anticipada 6€ ( A Repichoca, La Barbería , Garufa Club ) Taquilla 10€

Lugar: Garufa Club - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.