Axenda

II Festa Nómada
sexta feira 27 maio 2016
Vistas : 180

Chega a segunda Festa Nómada!!!!
Ante a gran acollida da 1ª edición decidimos que non podiamos esperar 2 meses para voltar celebrala asique será unha festa o mes!

Esta vez a nosa ruta vai parar á Ourense, concretamente a El Pueblo Café Cultural , a sala máis potente da cidade en canto a música alternativa, será o escenario do gran baile. Arrancamos as 20:30H puntuais asique non perdas nin un segundo

Os encargados de facernos danzar nesta velada van ser:
-SKANDALO GZ: Banda de SKA-PUNK formada no 2007 en Ponteareas (Pontevedra , Galiza) , con letras contundentes combativas e directas todas en Galego pero cunha música divertida e moi bailable ao mesmo tempo que revindican directamente nas suas letras , actualmente teñen 2 maquetas (Lume(2008) e Somos Máis (2011)) e 2 discos (Esperta!! (2013) e Abrindose camiño (2015) 

-DJ RORRO: O noso querido amigo segoviano volta as terras galegas cargado de enerxía, volta pa demotrar que non nos conquistou así porque si, chega cargado de enerxía a base de ritmos que van dende o este europeo ata o punto máis alto dos andes peruanos pasando polos barrios de Kingston. 
Balkan-Cumbia-D&B-Tropical Bass

-Brigada A.M Soundsystem: Estaremos abrindo a festa dende as 20:30 con ritmos bailables, abrindo o apetito a base de Ska e evolucionando ate os ritmos máis frenéticos según avance a noite.

As entradas terán un custo de 5€ en taquilla ou 3 anticipada.
Para facerse ca entrada anticipada enviade unha mensaxe ao perfil do facebook da Brigada ou ben enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Lugar: El Pueblo Café Cultural - Ourense
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.