Axenda

VIII Noites de Tasca
sexta feira 17 xuño 2016
Vistas : 170

Un ano máis, o Grupo de Gaitas Os Viqueiras de Ordes organizamos o Especial Aniversario das "Noites de Tasca" que encherá de música tradicional a vila de Ordes desde pola tarde ata a madrugada.



Venres 17 de xuño, en Ordes


8º Aniversario das "Noites de Tasca"




Programa:

-18:00 h: no Campo da Feira (diante da piscina municipal): "ENREDOS MUSICAIS" co artesán  Oli Xirádez. Un Obradoiro para toda a familia para aprender a fabricar os nosos propios instrumentos musicais .

- Desde pola tarde haberá postos de artesanía no Campo da Feira.

20:00 h: na alameda: OBRADOIRO de MÚSICA E BAILE GALEGO, a cargo de Juan Pena e Beatriz García, mestres da Agrupación SEMENTES DA ARTE de Ordes, aberto a todo o público.

21:30 h: Actuacións de máis de 20 grupos de música tradicional polos bares de Ordes.

23:30 h: gran FOLIADA FINAL no Campo da Feira.


Estades todos convidados!

Lugar: Campo da Feira - Ordes
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.