Axenda

Monoulious Dop
sexta feira 10 xuño 2016
Vistas : 30

Concerto de presentación do formato banda do grupo galego que vos permitirá gozar da música e o humor dos noieses nun concerto íntimo.

Monoulios DOP, grupo que se clasifica como 'pop & roll' e que leva como sinal de identidade o humor, con éxitos como 'Jalando', 'El veranito en Jalisia' ou 'Canción Jallejo Americana', volve a pisar o escenario da Sala Sónar de Santiago de Compostela. Nesta ocasión, os noieses ofecen un concerto íntimo e con aforo limitado para  facer a presentación da banda.

A cita tela o 10 de xuño ás 22 horas.  Podes recoller a túa invitación de balde en A Reixa Tenda. E se se vos pon mal deixarse caer pola tenda, podedes mercalas na Internet a un prezo de 4 euros (con consumición incluída)

Lugar: Sala Sónar - Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.