Axenda

II Tradilucus
From sexta feira 17 xuño 2016
To sábado 18 xuño 2016
Vistas : 141

VENRES 17... II Tradilucus
Airiños da Freba (Lugo): Rebeca Tallón: bombo con pratos, Daniel Carballo Maka: caixa e outros instrumentos de percusión; Xosé Manuel Díaz Barbeiro: acordeón; Luís Quintana: saxo soprano; José Antonio Rodríguez Josiño: clarinete; Víctor M. Villamaior: gaita.

Airiños da Freba é unha asociación cultural dedicada ao estudo, recolleita, investigación e divulgación da música tradicional da provincia de Lugo. O conxunto/sexteto Airiños da Freba é o froito deste traballo. A nosa proposta: unha divertida viaxe no tempo pola nosa provincia, concretamente aos anos 30, 40 e 50 do século pasado, cando quintetos, diversos conxuntos e orquestriñas amenizaban as nosas festas. 100 % música tradicional de Lugo para bailar e lembrar con saudade aquelas festas de roupa amidonada, de iluminación con luz de
«gas», aquelas ringleiras de lámpadas no campo da festa.

VENRES 17... II Tradilucus

As Rexubeiras (Pontevedra):
Andrea Menéndez (directora), Irene, Lucía, María, Paula, Pedro e Sabela activos; Amanda e Melina inactivas…
As Rexubeiras somos un grupo de música tradicional mixto, composto por oito mulleres e un home que nace na escola da Asociación Cultural Trépia.
Fomos pasando polos distintos cursos de pandeireta e canto tradicional da escola e chegou un momento no que coincidimos todas no mesmo. Nese intre foi cando nos propuxemos formar un grupo de pandeireteiras para aprender repertorio e poder pasalo ben. A día de hoxe participamos nas actividades da asociación, pero témo-la nosa autonomía como grupo para face-lo que verdadeiramente queremos: tocar onde e cando nos apeteza.

SÁBADO 18... II Tradilucus

Coanhadeira (Ourense): Patricia López voz e percusión; Alfredo Sánchez Caseiro: acordeón; Chechu Pérez: gaitas e zanfona; Kinhos Saburido: percusión; Óscar Freire: saxo soprano e tenor; Samuel Soto: bouzouki, Efrén Novoa: baixo.
Nalgúns lugares de Galicia, as coanhadeiras eran aquelas mulleres responsables de varre-los restos do cereal tralas duras xornadas de malla. Tamén recibían ese nome as vasoiras que empregaban e, no fondo, o grupo Coanhadeira naceu no ano 2006 con ese mesmo espírito de recollida, porque esta formación de música folk vive entregada a ensinar aqueles «restos» musicais conservados ata os nosos días a través da tradición oral da cultura galega. Neste 2015, lanzan o seu novo álbum, Bicos con luvas. Con el pretenden realizar unha nova achega á música feita en Galicia, facer que se baile en calquera lugar e enche-los escenarios do poder da percusión, de letras sorprendentes e atmosferas sutís co selo de calidade propio de Coanhadeira.
Premios: o grupo resulta gañador na modalidade folk do concurso Nsaio no Camiño (Galiza, 2007), no XI Concurso Folk Radio Obradoiro (Galiza, 2008) e no IV Concurso Folk Escenario PRAU (Cantabria, 2009), finalista no Escenario Runas do Festival Intercéltico de Ortigueira (Galiza, 2008) e acada un segundo premio nos concursos Folk Folkez Blai (Bizkaia, Euskadi, 2009) e Eurofolk (Córdoba, 2010).

SÁBADO 18... II Tradilucus
Cantareiras de Cántigas e Frores (Lugo):

A percusión, o poder das voces e a forza da palabra constitúen os elementos centrais dun directo que nos relaciona e identifica co país no que vivimos. Este grupo de Cantareiras forma parte da Asociación Cultural Cántigas e Frores de Lugo que dende o ano 1948 dá vida e continuidade á linguaxe musical que homes e mulleres gardaron na súa memoria e nós hoxe interpretamos.

Lugar: Club Clavicémbalo - Lugo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.