Axenda

The Bloque en Bloque Festival
sábado 18 xuño 2016
Vistas : 70

Festivalazo de rúa en Fontiñas!
Non estades fart@s de ir sempre aos mesmos sitios? Que se San Pedro, que se Bonaval, que se zona vella, que se Maycar... hai máis vida e hai máis Compostela!
En Fontiñas acordamos, queremos que todo o barrio saia á rúa, e queremos ensinárvolo ás de fóra tamén.
Para isto, organizamos un festival de rúa con 12 escenarios repartidos pola zona, cada un será o patio dun bloque de vivendas. Non digades que non volo poñemos fácil, só tedes que mirar pola ventá ou baixar en bata fontiñeses e fontiñesas!
Cada actuación será de media hora máis ou menos, deixándovos tempo para que vos movades á seguinte e, así, de BLOQUE EN BLOQUE, chegaredes á actuación final, cos grandísimos THE LÁKAZANS na Praza de Area Central. Lembras cando viñas aquí ao cine? Entón sabes o camiño!
Teremos de todo: danza, teatro, monólogos, impro, música, clown, circo...
E por se todo isto fose pouco... aquí temos after! O After Bloque será na zona vella de Fontiñas, a aldea do Cotaredo: foliada, música, comida e bebida toda a tarde!
Seguro que non a coñeces, pero seguro que vas querer voltar.
Vémonos no barrio!

Lugar: Barrio das Fontiñas - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.