Axenda

AldaoLado
quinta feira 16 xuño 2016
Vistas : 89

Á Mardi fun ver un dos primeiros concertos da miña adolescencia (de Lascivos). Na Mardi fartámonos de bailar os temazos de Jesús, o dj. Cando aínda non se lle chamaban selfies ós selfies, xa tiñamos uns cantos feitos co crocodilo da porta. Anos máis tarde, Tomi atreveuse a levarnos alí a recitar (grazas) e non se nos ocorreu mellor cousa que casar en directo (con María vestindo o meu traxe de comuñón) nunha cerimonia oficiada por Ana Talibana. Ese mesmo día, o meu propio irmán gañou as “bragas da sorte aldaolado” enmarcadas tras pulir a unha fan no Trivial para fans que fixemos. Meses máis tarde repetimos bolo alí, a golpe de martes de inverno, e viñestes un montón de xente escoitar poesía e botar unhas risas (grazas). Naquel recital alguén do público subiu á barra no medio dun poema e berrou “unbelievable!!!” (nunca o entendemos, pero foi moi simpático). En fin, con todo isto intento dicir que alí xa fixemos e xa nos pasou de todo. Pero nunca, nunca, nunca antes xamais actuamos por terceira vez na Mardi. Iso é algo que só vai pasar este xoves 16, ás 21:30. Non é exactamente unha primicia, pero paréceselle.

6 euros de entrada (a saída é de balde) e SORTEAMOS DÚAS POLA PATILLA ENTRE TODA A XENTE QUE COMPARTA ESTE EVENTO. 
Alí nos vemos!
https://www.youtube.com/watch?v=HzeTa6ZP7Sg

Lugar: Sala Mardi Gras - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.