Axenda

Xiana Fest
sexta feira 08 xullo 2016
Vistas : 220

XIANA FESTIVAL é un festival independente de música galega.

Organizado de forma autoxestionada por un grupo de amigos/as da vila, celebra a súa primeira edición o próximo venres 8 de Xullo en Ordes (A Coruña).

Preséntase como un espectáculo sonoro alentado pola calidade das mellores bandas do noso país e a reivindicación da nosa música como máxima fonte de riqueza cultural.

Deste xeito logra ofrecer sobre un mesmo escenario e de maneira totalmente autoxestionada unha variedade de estilos sen complexos nin limitacións onde poder desfrutar durante máis de catro horas dun ambiente festivo de música e amizade apto para públicos de todas as idades.


As bandas galegas confirmadas para esta primeira edición son:


NAO

SUPEROITO

MALANDRÓMEDA

ATAQUE ESCAMPE


As entradas atópanse á venta de forma anticipada (6€ en entradium.com) e tamén en taquilla (10€) ese mesmo día.


Pretende deste xeito, co tempo asentarse como un dos festivais de referencia en Galicia.
Lugar: Discoteca LP45 - Ordes
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.