Axenda

VI O Son das Mámoas
sábado 23 xullo 2016
Vistas : 236

HORARIOS DEFINITIVOS
Pra que teñades todo clariño e non vos perdades nada!!!!!

17:00 APERTURA DO RECINTO
Charla do ECOLECTIVO.
20:00 Mago Xabi

...e durante toda a tarde, foliada e xogos pra nenos, medianos e maiores!!

22:00 APERTURA DE PORTAS PRA CONCERTOS:

22;00 Natural Green
23:30 Fanfarria Taquikardia
1:00 Alpargata
2:30 Lasmala
4:00 Spin te kú
...e entre concertos, actuación de Sanamá Bloco de Samba!

Desta volta poñémonos un pouquiño máis serios, para falar dun tema máis delicado, pero que necesita o apoio de todos e todas nós.

Como sabemos os nosos irmáns do pobo Sirio precisan axuda. Moitos atópanse en campos de concentración en pésimas condicións... outros tantos aínda non puideron fuxir do seu país arrasado pola guerra...

Por iso, dende o colectivo O Son das Mámoas, en colaboración con "La Tiendita de Atrás" e a través da AAPS (Asociación de Ayuda al Pueblo Sirio) queremos poñer o noso pequeno gran de aréa para colaborar eles. Desta volta organizamos unha recollida dos materiais máis necesarios para eles:
-De hixiene (xabón, papel hixiénico, pasta de dentes... etc)
-De primeiros auxilios (gasas, mercromina, tiritas... etc)
-Para bebés ( leite en pó, toalliñas, pañais, portabebés.. etc)
-Material escolar (libretas, lapiceiros, pinturas... etc)

O punto de recollida será durante todo o festival, no recinto do mesmo.

Facemos un chamamento á solidariedade de tod@s! Non dubidamos que despois do éxito da recollida de alimentos do ano pasado, desta volta os mamoeirxs tamén responderemos coa máxima participación.

BENVIDOS REFUXIADOS!

Lugar: Campo de Fútbol de Candeán - Candeán (Vigo)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.